terça-feira, 26 de fevereiro de 2008

FRANCESCO COSSIGA E A GALIZA (publicado por Vieiros e AGI, 19 e 18 de Fevereiro de 2008)

Independencia de Cosova
É a quenda de cataláns, vascos e galegos, di o ex presidente de Italia
Pide que se lles recoñeza o dereito de autodeterminación e reclámalles a EUA e a Europa que presionen ao goberno español.
Redacción - 19:07 19/02/2008
Francesco Cossiga presidiu a República de Italia, entre 1985 e 1992
O ex presidente de Italia,
Francesco Cossiga, afirmou este luns que a Unión Europea e os Estados Unidos deben facer presión ao goberno español para que desista de reprimir as nacións catalá, vasca e galega lles recoñeza o seu dereito de autodeterminación, segundo informa a axencia de noticias italiana AGI. Segundo Cossiga, o Estado Español está a adoptar unha actitude "franquista" cara aos militantes independentistas vascos, cataláns e galegos. Cossiga fixo estas declaracións tras o recoñecemento internacional da independencia de Cosova por un importante número de estados, entre os que non está o español.

"Tras o amplo recoñecemento do novo estado de Cosova, nacido dunha declaración unilateral de independencia, agardo que os países europeos e os Estados Unidos fagan presión sobre o goberno de Madrid (nesta materia son o mesmo Aznar e Zapatero, e o Partido Socialista e o Partido Popular!) para que desista da represión policial e xudicial de tipo franquista contra os militantes das tres minorías do Estado español e para que se lles recoñeza a estes pobos o seu dereito de autodeterminación", expuxo.


KOSOVO:COSSIGA,ORA AUTODETERMINAZIONE BASCHI-GALIZIA-CATALOGNA
(AGI) - Roma, 18 feb. -

“Dopo un cosi’ vasto riconoscimento del nuovo stato del Kosovo, nato da una dichiarazione unilaterale d’indipendenza, mi auguro che i Paesi europei e gli Stati Uniti facciano pressioni sul Governo di Madrid (in questa materia Aznar e Zapatero sono lo stesso e lo stesso sono il Partito Socialista e il Partito Popolare!) perche’ desista dalla repressione poliziesca e giudiziaria di stampo franchista contro i militanti delle tre minoranze dello Stato spagnolo e riconoscano a quei popoli il diritto di autodeterminazione”.

Lo dice il Presidente emerito della Repubblica, Francesco Cossiga. (AGI).

Questo articole è stato pubblicato il Monday, February 18th, 2008 alle 6:41 pm.

Sem comentários: