sexta-feira, 16 de novembro de 2007

FRANCISCO MARTÍNEZ LEIRA, «PANCHO» (Parte do lido e dito por JUAN VAZQUEZ LOUREDA, «ANIDO» na homenagem)

PANCHO FOI UN GUERRILLEIRO, UN HOME QUE TIÑA E EXERCIA O PODER DAS ARMAS.
PANCHO FOI ESCRUPULOSAMENTE RESPETUOSO CON O POVO TRABALLADOR, OS SEUS.
PANCHO FOI O MAIS HONRADO DOS GUERRILLEIROS QUE EU COÑECI NAS MIÑAS TAREFAS DE COMBATE CONTRA A GUARDA CIVIL E O REGIME FRANQUISTA.
PANCHO FOI UN DOS MELLORES COMBATENTES CONTRA O FRANQUISMO TANTO MORALMENTE COMO EN VALENTIA.
PANCHO NOS FINS DE 1955, POUCO ANTES DE SER ASASINADO POLA ESPALDA POLA GUARDA CIVIL ONDE NASCERA, EN OMBRE, CONTINUAVA A ESTUDAR MARXISMO, COMO DOU FÉ UNHA PERSOA QUE O ENTREVISTOU NUN TRIGAL.
PANCHO FOI O PROMOTOR PARA CONSTRUIR UNHA COVA NA MIÑA CASA PARA ESTARMOS MAIS SEGUROS E PROTEXIDOS DA REPRESIÓN DA GUARDA CIVIL.
PANCHO COMO BON CARPINTEIRO QUE ERA IDEOU E CONSTRUIU A ENTRADA À COVA POLO PRIMEIRO PELDAÑO DA ESCALEIRA DO FAIADO, TAN BEN CAMUFLADA E AXUSTADA QUE A GUARDA CIVIL A PESAR DE SE SENTAR NELA E A MOVER NON A DESCOBREU.
NA COVA SE INSTALARAN UNHA IMPRENTA E UNHA MULTICOPISTA PARA INTRODUCIR PROPAGANDA EN ASTANO, BAZAN, FERROL, MUGARDOS, FENE, NARÓN, ETC.
ATRAVÉS DA MIÑA PERSOA CONTACTARAN PANCHO E PACO FILGUEIRAS, PRIMO CARNAL DE CARMEN FILGUEIRAS: XUNTOS, CARMEN E EU ENTREGAMOS MUITO, TODO, EN FAVOR DOS IDEAIS POLOS QUE LUTAVA PANCHO: O PROLETARIADO GALEGO E MUNDIAL E O SOCIALISMO.
DEPOIS DE PANCHO MORRER, REUNIAMO-NOS NOS MONTES CLANDESTINAMENTE PACO FILGUEIRAS, PACO VALON, JULIO ANEIROS E EU CON RAMÓN, UN ENLACE QUE O PARTIDO COMUNISTA ENVIARA DESDE FRANCIA.
E PARA ACABAR QUERO LER UNHA PARTE DO MANDATO IMPRESCRIPTÍVEL, PUBLICADO EN FEBREIRO DE 1950 EN «O GUERRILLEIRO»:
O MANDATO QUE NUNCA PRESCREVE É A ORDEN DE LUTA PERMANENTE NA GALIZA INSUBMISA, NA GALIZA OBREIRA E CAMPESIÑA, NA GALIZA PESCADORA E MARIÑEIRA.
PANCHO SEMPRE VIVO NA NOSA MEMÓRIA.
GRACIAS.
MEÁ, 1º DE MAIO DE 2007

Sem comentários: