MATIAS USERO TORRRENTE era un sábio, un erudito mas foi un dos grandes campeons da loita ideológica contra o nacional-socialismo español representado por Juan Tusquets, cura catalan, que publicou en 1932, Los Orígenes de la Revolución Española, libro con grande éxito de vendas que se tornou na obra de referencia no combate contra a recien proclamada República e Tusquets no paladin da anti-masoneria; Matias Usero publica en 1932 o libro Dos Ideales Opuestos: Jesuitísmo y Masoneria (México DF) e em 1933 confronta diretamente con ele atraves do libro: Mi Respuesta al Padre Tusquets (Imprenta Moret, A Coruña), en que o califica de «espirito obtuso e rancoroso, un excelente servidor do jesuitísmo»; a acusación de jesuitísmo como hipocrisia, dupla moral é frecuente en Matias porque, segundo ele, Tusquets era un anti-republicano que predicaba a Guerra Santa contra o goberno da República desde a dirección da Biblioteca Trimestral Las Sectas fonte en que bebian, en que estaban envolvidos Serrano Suñer, Franco e os do «contra el separatismo rojo y masón».
Juan Tusquets escrebia en 1932 en aberta guerra contra a República e apelando para a sua destrucción: «nuestras multitudes acuciadas miserablemente por agentes soviéticos para que el JUDAÍSMO Y LA MASONERIA se vayan llenando sus arcas mientras se hunde la economia española»; a semellanza ou identidade con o programa do Partido Nazi de Hitler -contra o MATERIALISMO XUDEU- é notábel. O padre Tusquets publica en Burgos en 1936-37, alí instalado o «Cuartel General del Generalísimo», o libro LA FRANCMASONERIA, CRIMEN DE LESA PÁTRIA.
A notável obra de Matias Usero é un permanente combate contra a Igrexa e o Vaticano até o extremo de ser perseguido pola Congregación do Santo Ofício, proibidos os seus libros polo Índice eclesiástico e ele, o próprio Matias, ser excomungado.
Fernando Tojo Freire, cabo do cruceiro Cervantes e a dirigir o destructor Císcar, xuramentado para combater o fascismo, dicia dele que era un referente para a xuventude republicana, socialista e revolucionária, particularmente para os cabos que tomaran a Esquadra para a República, que visitaban con frecuencia a sua casa, a sua biblioteca, para ter con ele, conversar, ler livros, etc.
No Anuário Brigantino escreben: «A familia Rafael Freire-Peregrina Barcia foi parte activa da guerrilla antifranquista na Capela (A Coruña). A familia Freire xogou un destacado papel non só pola participación activa dalgúns dos seus membros na guerrilla, senón porque a súa casa, nas Cernadas (Capela) foi un destacado punto de apoio e reunión da guerrilla desa comarca, pola que pasaron boa parte dos líderes guerrilleiros, e porque membros da familia colaboraron como enlaces ou participaron na construcción, por exemplo, do refuxio do Eume.
Debeu caer nas súas mans [de Rafael Freire] un libro de Matías Usero Torrente, personaxe moi coñecido en Ferrol, que fora misioneiro, era republicano e masón e escribiu libros contra a Igrexa. Rafael e o seu irmán tentaron por todos os medios coñecelo persoalmente, ata que o conseguiron. O visitaban moitas veces na casa que Matías tiña en San Felipe. Sostiñan longas conversas sobre o significado da vida, o misticismo. El [Rafael] lles contaba aos seus fillos que Usero era un sabio, pero que ninguén o coñecía de verdade, nin sequera a súa familia. Fixéronse grandes amigos. Matías Usero foi «paseado» durante a guerra, e Rafael sentiu moito esa perda. Dende ese día, cada vez que se pronunciaba o seu nome na casa, choraba.»
Matias Usero Torrente un dos grandes ferrolanos de pensamento UNIVERSAL, CENSURADO E ESTIGMATIZADO mercé a que os efeitos do genocídio franquista perduran a dia de hoxe, proclamou a República en 14 de Abril de 1931 desde a varanda do Concello intervindo como orador. Terceiro Mestre Masón con o significativo de Juan de Huss, talvez pola semellanza deste como derrocador de monarquia con a dos Irmandiños.
Resgatar a sua obra, pensamento e figura é simplesmente de justiza. O mesmo que fazer homenaxe dele e das VÍTIMAS do genocídio franquista às 17 horas do Domingo, 11 de Outubro de 2009 no cemitério de Serantes, siplesmente de justiza.
En Ferrol, Xoves, 1 de Outubro de 2009
ASDO: MATIAS CRUZ USERO (NETO)

Sem comentários:
Enviar um comentário